Viño brancoD.O. Rías Baixas (Rosal)

Gea

Produción
6.500 botellas
Grao
12,34 % vol.

Variedades

  • Albariño 74 %
  • Loureira 20 %
  • Treixadura 5 %
  • Caíño Blanco 1 %

De cor amarelo pálido, con reflexos verdosos.

En nariz intenso. Comeza con aromas de froita tropical e flor branca, que evolucionan cara a froita de óso e albaricoque seco. Moi fresco.

En boca, entrada suave e aromática. Redondo, saboroso e fresco. Cun punto de acidez agradable e gran persistencia. Potente e lambón á vez.

Crianza sobre lías durante 6 meses en INOX e un 10 % en barrica francesa usada (3 viños) de tostado lixeiro.

Grao
12,34 % vol.
Acidez total
6,73 g/l
Acidez volátil
0,28 g/l
pH
3,28
Ficha técnica Gea (PDF)
Botella de Gea

Viño brancoD.O. Rías Baixas (Rosal)

LT 80 20

Produción
1.300 botellas
Grao
12,09 % vol.

Variedades

  • Loureira 80 %
  • Treixadura 20 %

De cor amarelo pálido.

En nariz intenso e limpo. Con toques herbáceos (arruda) e balsámicos, característicos da Loureira do Rosal.

En boca fresco e saboroso. Lixeiro, aínda que persistente, cun toque cítrico agradable.

Crianza sobre lías durante 6 meses en INOX.

Grao
12,09 % vol.
Acidez total
6,88 g/l
Acidez volátil
0,26 g/l
pH
3,31
Ficha técnica LT 80 20 (PDF)
Botella de LT 80 20

Viño brancoD.O. Rías Baixas (Rosal)

Marcote Barrica

Produción
1.300 botellas
Grao
12,9 % vol.

Variedades

  • Albariño 72 %
  • Loureira 20 %
  • Treixadura 5 %
  • Caíño Blanco 3 %

De cor amarela con reflexos verdosos.

En nariz, intensidade media. Aromas cítricos e balsámicos que evolucionan cara a flor branca e especias, cun fino aroma de vainilla.

Entrada en boca suave, con taninos agradables, lembranzas de madeira moi ben integrada e unha acidez agradable. Con potencia, pero fino e redondo. Retrogusto persistente e aromático.

Crianza de 6 meses en barricas de 300 l de carballo francés de gran fino e tostado lixeiro; despois pasa 5 meses en INOX coas súas lías en repouso e un mínimo de 6 meses en botella.

Grao
12,9 % vol.
Acidez total
7,86 g/l
Acidez volátil
0,28 g/l
pH
3,17
Ficha técnica Marcote Barrica (PDF)
Botella de Marcote Barrica

Viño tintoD.O. Rías Baixas (Rosal)

As Pedrosas Plurivarietal

Produción
375 botellas
Grao
11,6 % vol.

Variedades

  • Sousón 55 %
  • Brancellao 35 %
  • Loureira 10 %

Cor granate de capa media.

Intenso en nariz, con aromas de sotobosque, balsámicos (asente, arruda) e froitos vermellos.

Entrada en boca fresca, atlántica e viva. Retronasal aromático.

Fermentación espontánea. Crianza de 10 meses: 80 % en barrica vella de carballo francés e 20 % en INOX. Mínimo 6 meses en botella.

Grao
11,6 % vol.
Acidez total
5,6 g/l
Acidez volátil
0,56 g/l
pH
3,4
Ficha técnica As Pedrosas Plurivarietal (PDF)
Botella de As Pedrosas Plurivarietal

Viño tintoD.O. Rías Baixas (Rosal)

As Pedrosas 100% Castañal

Produción
200 botellas
Grao
11,4 % vol.

Variedades

  • Castañal 100 %

Cor vermello rubí de capa intermedia.

Intensos aromas de sotobosque, balsámicos (asente, arruda), coiro e tabaco.

En boca, entrada con carácter, moi tánico pero agradable e fino. Moi persoal, cun paso de boca voluminoso e persistente.

Viñedo de comezos do século XX.

Fermentación espontánea con crianza de 11 meses en INOX e un mínimo de 12 meses en botella.

Grao
11,4 % vol.
Acidez total
5,6 g/l
Acidez volátil
0,52 g/l
pH
3,4
Ficha técnica As Pedrosas 100% Castañal (PDF)
Botella de As Pedrosas 100% Castañal